Sementeira
Astarot
3:11¿Qué ten teu sol?, ¿qué ten teu ceo azul?, ¿qué ten teu ser que garda tanta luz?, ¿qué tes no teu corazón miña terra galega, qué cando a alba chega síntome preso do teu esplendor? ¿Quén foi o pintor que uniu co seu pincel, toda unha cor verde sobre a túa pel? ¿quén dibuxou as rías da túa paisaxe? ¿quén puxo na túa liñaxe a vida errante do afiador? Soio Deus poido crear o que ten esta terra que me veu nacer, soio Deus poido poñer a cor e a luz que en Galicia se ve. Inda que me atope moi lonxe, miña terra querida ben sei que xamáis te esquecerei. (Solo) Soio Deus poido crear o que ten esta terra que me veu nacer, soio Deus poido poñer a cor e a luz que en Galicia se ve. Inda que me atope moi lonxe, miña terra querida ben sei que xamáis te esquecerei.