Parabí Papipó
Fiandola
3:25Cando foi, iba sorrindo; cando veu, viña morrendo a luciña dos meus ollos, o amantiño do meu peito. ¿Por que aló foches meu ben? ¡Nunca tal houberas feito! Trocar campiños frolidos por tristes campos sin rego. ¡Ai!, no meu corazonciño xa non pode haber contento, que está de dolor ferido, que está de loito cuberto. Que o mar deixoute olvidada e lonxe de ti correron as brandas augas que traen de prantas cen semilleiros. ¡Castellanos de Castilla, tendes corazón de aceiro, alma como as penas dura, e sin entrañas o peito. Castellanos de castilla tratade ben aos gallegos, cando van, van como rosas; Cando vén vén como negros.