Notice: file_put_contents(): Write of 646 bytes failed with errno=28 No space left on device in /www/wwwroot/muzbon.net/system/url_helper.php on line 265
Treixadura - Muiñeira Da Revolta | Скачать MP3 бесплатно
Muiñeira Da Revolta

Muiñeira Da Revolta

Treixadura

Альбом: Inda Canto!
Длительность: 3:38
Год: 2018
Скачать MP3

Текст песни

A foula chea non treme
O tarabelo non baila
O rodicio non se move
A moa dorme calada
Silandeiro está no muíño
Como unha casa queimada
A iauga vaise perdida ai,
Como a túa mirada...

RETROUSO

Muiñeira da revolta
Muiñeira revoltada
Alguén ven polo camiño
Alguén no camiño canta

Limpa ben o termiñado
Conta que o lobato encaixa
Da unha volta pola canle
E mira que corra a iauga
Se a reña esta no seu sitio
E a segorella axustada
E o chorro dese caneiro
Ai, no xunto da roda caia

RETROUSO

Deixa que a foula rebule
Enchendo de flores albas
O teu pano amarelo
O teu refaixo de grana
O teu dengue de veludo
As rosas da túa cara
Que bonita es muiñeira
Ai, cando estás enfariñada.

RETROUSO