O Baile De Noró
Xabier Díaz
4:46Eu non sei se será certo o que lin nunha revista os maiores industriais veñen da terra da chispa. Paragüeiro afiador arranxo fontes e pretos merco caldeiros de pote como as vellas os farrapos. Miña nai tiña unha filla e uns vinte anos e pico non a deixaba ter mozo ata que viñera rico. Foiche chegar quen a tentou un paragüeiro de Ourense Un paragüeiro de Ourense con sinxeleza gañou. Ela ben o merecía era unha moza elegante e a casiña ben feita i o lameiro por adiante. Falaron co paragüeiro trataron o casamento i o sábado máis cercano casaronse moi contentos. A súa casiña nova de cativos van encher poñan tódolos sentidos cando ven o anoitecer. Vira a roda e vota chispas un mes e dous o terceiro ata que notou que había principios dun paragüeiro.