O Baile De Noró
Xabier Díaz
4:46Nin por saber que marchabas, nin por saber que partías cicatrizou a ferida. Buscareite na volta da noite; perdereime no medio do día; seguirei nas estrelas do ceo, as pegadas daquela alegría. E, se non atopara o camiño, beberei esta pena infinita, bailarei esta desesperanza sobre un campo con mil margaritas. Deixaches na miña porta doce cravos encarnados, regueinos cos mil penares que por ti teño chorado. Ai, agora vas polo mundo; ai, esfarelando as túas penas; ai, aprenderás para sempre: ai, non as fagas, non as temas. Ai, non as fagas non as temas; ai, non me veñas con tristezas; ai, do peito funte sacando, ai, tamén da miña cabeza. Pagarei a penitencia como náufrago perdido, as augas do mar maior pasarei arrepentido.