O Baile De Noró
Xabier Díaz
4:46Alegría dos meus ollos, terra dos meus devanceiros, hai un facho que alumea no máis alto dos outeiros. Na fala das esquecidas, cantarei un novo día a luz da vosa memoria, tanto amor e tanta vida. Axudádeme a sentir, axudádeme a cantar e se o vento sopra en contra, imos collidas da man. O mar cantaba na praia unha canción mariñeira e o vento nos cumios altos punteaba unha muiñeira. Axudádeme a cantar unha canción irmandiña para un novo alborexar.