Doade
Fiandola
3:48E vai, e vai, e vai ao Brasil, e vai, e vai, tamén eu hei de ir. e vai, e vai, a Montevideo, e vai, e vai, tamén hei de ir eu. Liñares da miña vida, Liñares da miña vida, cando de Liñares saia, hei de ir ao campo de riba, E vai, e vai, ... Hai que cantar para unha ronda, hai que cantar para un rondar, hai que cantar para unha ronda, quen o soubera cantar. E vai, e vai, ... Baila se queres bailar, baila se queres bailar, colleches a mellor moza que había neste lugar. E vai, e vai, ... Teño un amor como un sol e eu a Deus non llo merezo, todos me din que o venda e o meu amor non ten prezo. E vai, e vai, ...