Doade
Fiandola
3:48Eu querer, quérote ben-e, ole, morena, Da raíz do corazón-e, O que me falta saber-e, ole, morena, Se ti me queres ou non-e Mariñeiro non, que vai e non vén, Un carreteiriño que carrete ben, que carrete ben, que carrete ben, mariñeiro non, que vai e non vén No inferno hai unha festa Que a fan os condenados E o demo tócalle a ghaita Cos dentes arreghañados Xa fun a Marín, xa pasei o mar, Xa comín laranxas do teu laranxal, Do teu laranxal, do teu laranxal, Xa fun a Marín, xa pasei o mar Escribíache unha carta, Se ti ma souberas ler-e, Se lla dás a ler a outro, Velaí vai o ben querere E vaite daí, xa podes marchar, Que na miña vida che volvo a falar, Che volvo a falar, che volvo a falar, E vaite daí, xa podes marchar Vou a dá-la despedida Por riba dunha peseta E aghora non canto máis-e Que teño a gharghanta seca Mariñeiro non, que vai e non vén, Un carreteiriño que carrete ben que carrete ben, que carrete ben, mariñeiro non, que vai e non vén